Lois Patiño estrea no Festival de Cine de Roma a súa última curtametraxe

Montaña en sombra compite na sección Cinema XXI

13/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Fotograma de "Montaña en sombra"

Montaña en sombra é o título do último traballo de Lois Patiño (Vigo, 1983) e co que se presenta no Festival de Cine de Roma. Nesta curtametraxe, o realizador vigués continúa fiel á súa liña de traballo de documental de corte experimental onde a paisaxe e natureza gozan de especial protagonismo. Esta vez trasládase á montaña, para observar a uns esquiadores para afondar na relación do home e a inmensidade da paisaxe. Unha atmosfera onírica contribúe a crear unha das súas nova Producións que se estrea en Roma, na sección competitiva Cinema XXI.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Roma, Lois Patiño, Paisaxe...

Claves

Protagonistas
Lugares