Os traballos de Lois Patiño abren un ciclo dedicado ao Novo Cinema Galego

Proxeccións e conferencias conforman este programa que se desenvolve en Bilbao Arte

18/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Bilbao Arte é un centro de producción artística, dependente da Área de Cultura do concello de Bilbao que onte iniciou un ciclo dedicado ao Novo Cinema Galego. A primeira sesión tivo lugar onte cunha conferencia inaugural a cargo de Martin Pawley, comisario do ciclo, previa a proxección dos traballos de Lois Patiño. O propio Patiño estivo presente no coloquio posterior que xuntou a programadores e críticos galegos para falar do movemento. O ciclo, que se estende ata mañá continúa coa proxección dos traballos de Xacio Baño, Otto Roca, Xurxo Chirro, Marcos Nine e Margarita Ledo.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bilbao, Lois Patiño, Cine, Marcos Nine...