Cineuropa en trailers: venres 25

Alberte Pagán e Xurxo Chirro levan ao certame as últimas citas do Novo Cinema Galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de Vikinglandm, de Xurxo Chirro, que se proxecta hoxe

Fotograma de Vikinglandm, de Xurxo Chirro, que se proxecta hoxe

Malia que o festival entra na recta final, queda ainda espazo para novos traballos. A de hoxe é unha xornada dedicada ao Novo Cinema Galego, que permite a presentación dos últimos traballos dos realizadores: Alberte Pagán e Xurxo Chirro. O primeiro deles rematará o ciclo dedicado a exhibir os seu traballos con A pedra do lobo, mentres que os segundo presentara Vikingland despois de participar nos festivais de Marsella, Mar del Plata e Xixón. Os dous charlarán co público ao remate das súas sesións. Ademais, na cita de hoxe continúan as proxeccións do ciclo dedicado a Andrés Veiel (no CGAC), con dúas novas proxeccións.

TEATRO PRINCIPAL
17:45 A PEDRA DO LOBO
Alberte Pagán

19:45 VIKINGLAND
Xurxo Chirro

22:00 THE ARTIST
Michel Hazanavicius

23:45 LOS PASOS DOBLES
Isaki Lacuesta

SEDE FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA-CSM
17:30 DAS LEBEN DER ANDEREN (A VIDA DOS OUTROS)
Florian Henckel von Donnersmarck

20:00 MÚSICA CAMPESINA
Alberto Fuguet

22:00 BUNGALOW
Ulrich Köhler

CGAC
19:45 BALAGAN
Andres Veiel
21:30 DER KICK (O GOLPE)
Andres Veiel

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Alberte Pagán, Cineuropa, Xixón...