Dúas producións galegas participan no ciclo documental do Reina Sofía

As proxeccións, que comezan hoxe, irán acompañadas de coloquios dos autores

6/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Á crise cinematográfica, únese unha forma de ollar cara a realidade que muda e innova o concepto do documental tanto na forma como na temática. Nesa mutación, a medio camiño entre a produción audiovisual e artística, o Museo Reina Sofia convoca a once creadores e creadoras a exhibir e falar dos seus traballos. O ciclo, que ten o título, Urxencias da contemporaneidade agrupa a once traballos realizados entre 2011 e 2012 entre os que figuran dous títulos galegos: Vikingland de Xurxo Chirro e, Electroclass de María Ruído.

A primeira en ofrecer o seu traballo será María Ruido, que o vindeiro 8 de novembro (19:00 horas) ofrecerá ElectroClass, un proxecto audiovisual compuesto de sete capítulos. Toma como base o material do arquivo da ETB (televisión do País Vasco) para xogar co concepto de montaxe e ofrecer, unha “desmontaxe televisiva” en colisión con outros materiales audiovisuais para ofrecer unha reflexión sobre a transición.
Xurxo Chirro chegará once días despois, o 19 de novembro, co seu Vikingland, que documenta a emigración galega no norte de Europa desde o punto de vista dun mariñeiro que grava a súa cotidianeidade, e a dos seus compañeiros, entre a cidade danesa de Romo e a illa alemá de Sylt.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións
Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, AVG, Culturagalega, María Ruido...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos