O CGAC exhibe unha escolma do Novo cinema galego

O programa está coordinado por Martin Pawley, Xurxo González e José Manuel Sande

20/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Baixo a etiqueta de Novo cinema galego, Martin Pawley, Xurxo González e José Manuel Sande programaron traballos que asumen unha liña rupturista, que participa dos mesmos debates estéticos e argumentais. Peque Varela, Lois Patiño, Marcos Nine, Eloy Enciso, Ángel Santos… son algúns deses nomes que se agrupan baixo esa etiqueta. Os seus filmes poderanse ver no Centro Galego de Arte Contemporánea, nun ciclo que se desenvolve entre abril (28), maio (5, 19, 26) e xuño (9, 16) a partir das 19:30 horas.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xurxo González, Ángel Santos, Eloy Enciso...