Un proxecto fílmico reflexionará sobre Nimbos, o poemario de Díaz Castro

Martin Pawley, Xurxo Chirro e José Manuel Sande promoven a iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Un proxecto fílmico reflexionará sobre Nimbos, o poemario de Díaz Castro

“Para poñer en marcha algunhas cousas abonda un correo electrónico”. Así, cun mail, comezou o proxecto Nimbos. É unha iniciativa promovida por Martin Pawley, Xurxo Chirro e José Manuel Sande que remitiron un correo electrónico a 30 realizadores co obxectivo de facer un audiovisual arredor de Nimbos, a obra poética de Xosé maría Díaz Castro, o vindeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas. Segundo explican no blog Acto de primavera, unha vintena deles xa confirmaron a súa adhesión a esta proposta. A cada un pedíronlle que fagn unha peza curta a partir dun dos poemas da obra. Liberdade total só suxeita a dúas condicións: que dure entre 1 e 5 minutos máis evitar o uso íntegro e literal dos poemas.

De momento, os nomes confirmados para esta proposta son: Xurxo Chirro, Margarita Ledo, Eloy Enciso, Alberto Gracia, Oliver Laxe, David Castro Sopeña, Carlos Álvarez-Ossorio, Diana Toucedo, Juan Lesta, Belén Montero, Xacio Baño, Pablo Cayuela, Xan Gómez Viñas, Jaione Camborda, Víctor Hugo Seoane, Otto Roca, Alfonso Zarauza, José Antonio Cascudo, Ángel Santos, Manuel Fernández-Valdés e Eloy Domínguez Serén. Con todo, é posible, que haxa novas incorporacións.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé María Díaz Castro, Xosé María Díaz Castro, Día das Letras Galegas, Ángel Santos...