Acto de Primavera escolle Arraianos como película do ano

Un total de 21 críticos e xornalistas participaron nas votacións a través deste blog

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Arraianos, de Eloy Enciso, foi o mellor filme galego de 2012. Cando menos, así se desprende das votacións que 21 críticos e xornalistas realizaron para o I Premio Acto de Primavera. O galardón foi promovido por Xurxo González, Martin Pawley e José Manuel Sande a través do blog Acto de Primavera coa intención de "salientar o bo momento creativo do cinema galego e, ao mesmo tempo, converterse en punto de encontro da crítica e a información cinematográfica do país". O certame contou coas votacións de críticos como Miguel Anxo Fernández, Montse Dopico, Eloy Domínguez, Eduardo Galán, José Luis Losa ou Iago Martínez, ademais dos emitidos polos propios organizadores.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Eloy Domínguez, Miguel Anxo Fernández, Xurxo González...