O II Premio Acto de Primavera fica deserto

A resolución responde á escasa participación dos críticos cinematográficos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A falta de resposta dos críticos e xornalistas convocados a participar na elección dos mellores filmes galegos do ano levou a que o premio Acto de Primavera ficase deserto na súa segunda edición. Segundo publica o blog desta iniciativa só dez dos 26 especialistas convocados responderon á solicitude para votar as producións de 2013 o que, segunda a organización, non dá uns resultados representativos. Os críticos que participaron destacaron Costa da Morte Lois Patiño con 23 puntos e 7 mencións, seguida de VidaExtra de Ramiro Ledo, que obtivo 21 puntos e outras 7 mencións.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Patiño, Morte, Costa da Morte

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares