Bafici dedicará un foco aos traballos de Lois Patiño

Ramiro Ledo estreará no festival arxentino a súa longametraxe VidaExtra

Fotograma VidaExtra de Ramiro Ledo
Fotograma VidaExtra de Ramiro Ledo
O Festival de Bos Aires de Cine Independente (BAFICI) é unha das citas máis destacadas do panorama audiovisual latinoamericano. E este ano hai unha ampla representación galega que ten o seu punto destacado no Foco que o certame lle dedica ao traballo de Lois Patiño. O creador exhibirá, alén das súas últimas curtametraxes, un adianto da longametraxe “Costa da Morte” que está a piques de rematar. Ata alí se desprazará Ramiro Ledo para exhibir por primeira vez “VidaExtra”, o seu último filme no marco da sección Panorama (proxeccións o 11, 16 e 21 de abril). No marco da sección “Vangarda e xénero” exhibirase “Arraianos” de Eloy Enciso. O festival desenvólvese na capital bonaerense do 10 ao 21 de abril.