Arraianos de Eloy Enciso premiado no Bafici de Bos Aires

Estiveron presentes os realizadores Ramiro Ledo o e Lois Patiño

22/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Competía na sección Vangarda e xénero e regresa da súa participación no festival de cine de Bos Aires (Bacifi) co “Gran premio”. Arraianos de Eloy Enciso, que ofrece un retrato alegórico e personal do Couto Mixto a partir de O bosque, o texto do dramaturgo Jenaro Marinhas del Valle continúa o seu exitoso percorrido de festivais. Trala participación en Locarno, no Festival de Cine de Sevilla, no Fecunam mexicano, no festival de Vancouver e, en Galicia, en Play Doc e Cineuropa. Os gañadores desta edición son o filme inglés Berberian Sound Studio, de Peter Strickland na Selección Oficial Internacional, e La paz de Santiago Loza na Selección Oficial Argentina.

Canda a participación de Eloy Enciso, había máis presenza galega. Dunha banda estaba Lois Patiño quen exhibíu, alén das súas últimas curtametraxes, un adianto da longametraxe “Costa da Morte” que está a piques de rematar. Da outra, Ramiro Ledo que ofreceu en primicia a estrea “VidaExtra”, o seu último filme no marco da sección Panorama

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Eloy Enciso, Bos Aires, Lois Patiño...