O filme Longa Noite de Eloy Enciso (Meira, Lugo, 1975) farás a súa estrea española o vindeiro luns no marco do 16º Festival de Sevilla de Cine Europeo que comeza hoxe. A cinta, na súa versión orixinal en galego, proxectarase (subtitulada en galego e inglés) con dous pases o propio luns ás 9 da mañá e ás 20:00 horas e tamén terá outra exhibición o martes 12. O filme de Enciso, que por esta pelÃcula obtivo o premio Boccalino D'Oro ao mellor director da Asociación da CrÃtica de Cine Independente durante o festival de Locarno, entrou na Sección Oficial do festival internacional e conta a historia dun home que volve desde o estranxeiro á súa aldea de orixe no rural xa rematada a guerra civil e no escenario de represión de vencedores e vencidos da ditadura franquista. A estrea en terras galegas de Longa Noite terá lugar na sala Numax o vindeiro 5 de decembro.
O festival sevillano acollerá tamén outra proxección dunha pelÃcula en galego grazas ao filme Arima, debut na dirección de Jaione Camborda (San Sebastián, 1983) que se proxectará este domingo 10, o luns e o mércores dentro da sección "Las Nuevas olas", dedicada aos novos valores do cine e ás miradas máis singulares. A pelÃcula de Camborda está interpretada por Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Dávila, Tito Asorey, Iria Parada e Mabel Rivera. O filme propón unha historia ambientada tamén nun entorno rural protagonizada por catro mulleres e unha nena cuxo ecosistema vese desequilibrado coa chegada de dous forasteiros.