O Novo Cinema Galego presente no Festival de Cine de Bos Aires

Foron seleccionados filmes de Eloy Enciso, Ramiro Ledo e Lois Patiño

11/4/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
3 lecturas | Compartido 0 veces
O Festival de Cine Independente de Bos Aires (BAFICI) ofrecerá nesta edición tres filmes de realizadores galegos. Ramiro Ledo estreará a súa película Vida Extra no Festival, e Eloy Enciso competirá na sección competitiva Vanguardia y Género con Arraianos. O realizador Lois Patiño terá no Festival unha atención especial, ao redor das súas videocreacións e o seu proxecto audiovisual Costa da Morte.

Universo culturagalega.gal

Contextos