O Festival Cinespaña de Toulouse recoñece os filmes de Lois Patiño e Eloy Enciso

Lúa Vermella obtivo o galardón ao mellor filme do evento

13/10/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A 25 edición do Festival Cinespaña, que se celebra na cidade francesa de Toulouse, rematou este 11 de outubro cunha importante presenza galega no seu palmarés. Lúa Vermella de Lois Patiño obtivo a Violeta de Ouro ao mellor filme desta edición, e foi ademais recoñecido co premio á mellor fotografía e cunha mención especial do xurado ao cineasta novo. Pola súa banda, Eloy Enciso obtivo unha mención especial do xurado na categoría de ficción polo seu traballo Longa noite, que tamén foi recoñecido co mellor deseño sonoro.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eloy Enciso, Lois Patiño, Fotografía, Ouro

Claves

Protagonistas
Conceptos