Lois Patiño gana na décima edición do Play DOC co filme Costa da morte

O vigués Diego Romero recibiu unha mención especial pola fotografía de Stop the Pounding Heart

7/4/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Costa da morte, do cineasta vigués Lois Patiño (Vigo, 1983), foi considerado o mellor documental desta edición de Play Doc. O xurado destacou que o filme “desenvolve unha proposta onde se reúnen o rigor formal coa capacidade de presentar un retrato vivo dun lugar e dunha comunidade”. Alén da dotación económica (2.000 euros) do premio, destaca o feito de que é o terceiro filme galego que recibe este galardón, despois de Vikingland(Xurxo Chirro) e Todos vós sodes capitáns(Óliver Laxe). O vigués Diego Romero recolleu unha mención especial, sen valor económico, pola fotografía de Stop the Pounding Heart, filme dirixido polo italiano Roberto Minervini.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Patiño, Morte, Costa da Morte, Fotografía...

Claves

Protagonistas