O Festival Play Doc acaba de dar a coñecer a súa sección oficial desta edición. Son seis filmes que comparten un amplo recoñecemento internacional por teren participado en festivais de prestixio. Son Costa da Morte de Lois Patiño, Stop the Pounding Heart de Roberto Minermini; Manakamana de Stephanie Spray e Pacho Vélez; Forest of the Dancing Spirits de Linda Vastrick, Anak Araw de Gym Lumbera xunto con Ricardo Bär de Nele Wohlatz e Gerardo Naumann. Filmes que contarán historias que se suceden en todo o mundo, e situará aos “espectadores á fronteira entre Brasil e Arxentina, e descubrirá a tradición ancestral da tribo Iaka/Mbendiele no interior do Congo”, explican os organizadores do certame nunha nota de prensa. A cita co documental terá lugar do 2 ao 6 de abril en Tui.
Os encargados de valorar estas obras son Fernando VÃlchez, xefe de programación do festival Lima Independiente; Antonio Weinrichter, profesor especializado en documental e cinema non narrativo da Universidade Carlos III; máis Jara Yáñez, redactora da prestixiosa revista especializada Caimán Cuadernos de Cine.