Play-Doc chega á súa sétima edición

O festival proxectará 29 filmes entre o 30 de marzo e o 2 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O VII Festival Play-Doc voltará encher Tui de documentais entre os vindeiros 30 de marzo e 2 de abril. En total poderán verse 29 producións, das cales 10 participan na sección oficial. Peter Tscherkassky, Clio Barnard, Marcos Nine ou Óliver Laxe son algúns dos creadores participantes. Canda a isto, mantense a sección informativa do festival e os concertos, así como as sección dedicada a documentais sobre música. A nivel de formación celebrarase o obradoiro O retrato filmado e presentaranse os traballos do seminario Work in Progress.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Play-Doc, Documentais, Marcos Nine, Tui...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares