O festival de documental de Tui, Play Doc, xa ten datas e traballos seleccionados para a cuarta edición. Será do 12 ao 16 de marzo e incluirá na súa programación 28 produccións, das que 14 compiten na sección oficial. Entre as novidades figura a creación da categorÃa “documental galego” na sesión competitiva e na de exhibición, nace unha sección dedicada aos documentais animados e un apartado dedicado á violencia de xénero. Ademais haberá debates e charlas, mais un especial sobre a obra do realizador independente Lech Kowalski, no que se presentará a súa triloxÃa “The Wonderful Art of Surviving”. Isto engádese a sección habitual de documentais de música, na que os protagonistas dos documentais tocarán en directo.