O Vikingland de Xurxo Chirro gaña o Play Doc

Conclúe o Festival Internacional de Cine Documental de Tui

26/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Fotografía de Tamara de la Fuente. Á esquerda, Beli Martínez, produtora de /Vikingland/; acompañada dos directores de Play-Doc, Sara García e Ángel Sánchez. O director Xurxo Chirro alza o premio.

Aínda que a película documental Vikingland xa participou en varios festivais internacionais, foi o xurado do Play Doc quen decidiu outorgar a vitoria a este filme do realizador gardés Xurxo Chirro. O xurado describiu así esta longametraxe documental: "Queremos premiar unha película que crea profundas reverberacións emocionais entre o protagonista e o cineasta, nun intervalo de 20 anos e nun sorprendente acto de xenerosidade. É unha película na que o protagonista mostra ao cineasta o camiño para descubrir a súa voz propia". Xurxo Chirro recolleu o galardón, consistente nunha estatuíña e en 5.000 euros, agradecendo á súa produtora Beli Martínez e a Luis Lomba, o "Haia", autor da metraxe orixinal, a súa xenerosidade. "Xa dixen ao presentala que era unha película especial e singular, cun complicado consenso en públicos e xurados", engadiu.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Documental, Tui, Beli Martínez...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares