O audiovisual galego está a lucir con forza en festivais foráneos estes días. O filme Crebinsky, por exemplo, vota para a casa do Festival Internacional de Cine de Boulogne-Billancourt, en Francia, co premio á mellor película (ex-aequo con Lou, de Belinda Chayko) e o de mellor director para Enrique Otero. Canda a eles, atopamos a vindeira participación de N-VI, de Pela del Álamo, no Festival de Málaga, e a do Vikingland de Xurxo Chirro na sección New Features do Bradford IFF (Gran Bretaña).
No mercado MipTV de Cannes están presentes ata o vindeiro 4 de abril as produtoras CTV, Frida Films, Maruxiña Films, Zoamedia e Zenit, así como representantes da Universidade da Coruña e da TVG, baixo a marca Audiovisual From Spain. Pola súa banda, tres curtas de animación de OQO Filmes, A grande viaxe, A pota que trota e A cousa que máis doe do mundo,competirán o vindeiro verán na Mostra Internacional de Cine de Animación da Baixa Fluminense, en Río de Janeiro. A primeira delas podes vela íntegra no noso Soportal AVG.