A 25ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense OUFF finalizou esta fin de semana deixando un palmarés repartido entre varias producións de todas as temáticas e orixes. O permnio calpurina á mellor película da sección oficial foi para a película francesa Deux, ópera prima de Filippo Meneghetti, que tamén conseguiu para unha das súas protagonistas, Barbara Sukowa, o premio á mellor interpretación (galardón que non discrimina as actuacións por xénero do intérprete). Dos outros sete premios que se reparten neste certame tres foron para a película documental Cartas mojadas, de Paula Palacios e producida por Isabel Coixet. A cinta incide na situación migracional irregular nas augas do Mediterraneo acompañando en parte da metraxe unha misión do buque Open Arms. O filme acadou unha mención especial do xurado da sección oficial, o Premio do Público e o Premio Cimá á mellor Cineasta para Paula Palacios. Na sección que recoñece a calidade das produción galegas a película de Paula Cons, La isla de las mentiras, acadou or Premio Xacobeo, coincidindo coa súa chegada ás salas de cine galegas esta mesma fin de semana.
A cinta documental dramática chilena El agente Topo de Maite Alberdi tamén acadou un posto no palmarés deste OUFF co Premeio Especial do Xurado a esta produción realista sobre a situación das residencias da terceira idade no seu país. O realizador polaco Jan Komasa recbíu o premio Carlos Velo polo seu traballo de dirección na cinta Corpus Christi e o palmarés oficial desta edición o completa o Premio ao mellor Guión para William Nicholson por Regreso a Hope Gap, longametraxe que el mesmo dirixiu. Este ano do 25 aniversario a organización quixo conceder un Premio Especial 25 OUFF e foi para a película que se estreou no festival SPITSBERGEN, O GARDIÁN DO ÁRTICO de Ignacio Benedeti polos seus especiais valores a prol da conservación do planeta e a loita contra o cambio climático. Os premios de curtametraxes OUFF en Curto incluíron os de interpretación para Lidia Veiga por Onde dormen as gaivotas e Denís Goméz de Mentres iso pasa, La penumbra do director Daniel Viqueira acadou o premio do público e o segundo premio da competición, mentres que oo primeiro premio foi apara a cinta To the Sea .
Gala de clausura
A gala de clausura do festival servíu tamén para a estrea da curtametraxe Non me espera ninguén, protagonizada por Isabel Blanco e Antonio Durán "Morris" e gravada nos Peares e Ourense baixo dirección de Amanda Ortega. A directora Lucía Álvarez foi quen conducíu a gala de peche xunto co actor Sergio Pazos. Por aparte das autoridades o acto de peche contou coa presenza de Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, Manuel Baltar, presidente da Diputación de Ourense, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, e Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia.