'La isla de las mentiras' proxectarase no festival de cine de San Sebastian

A película de Paula Cons entra na sección non competitiva Made in Spain

27/8/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A longametraxe La isla de las mentiras, ópera prima da directora Paula Cons, ven de entrar a participar na 68 edición do Festival Internacional de San Sebastián que comezará o vindeiro 18 de setembro. A película poderase ver dentro da sección non competitiva “Made in Spain”,que integra unha selección das películas máis significativas no panorama do cine español do ano. La isla de las mentiras é unha coprodución entre a produtora galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000 , está protagonizada pola actriz santiaguesa Nerea Barros xunto a Victoria Teijeiro, Ana Oca e Darío Grandinetti e está inspirada en feitos reais, concretamente no afundimento do buque “Santa Isabel” fronte ás costas da illa de Sálvora (Pontevedra) en 1921. O Festival de San Sebastián será o segundo festival de Clase A no que se poida ver o filme tras participar na sección oficial do Festival Internacional de Cine de Shanghái (SIFF). La isla de las mentiras estreouse en España o pasado 24 de xullo na plataforma Filmin onde aínda pode verse. A vindeira edición do Festival de Cans (Pontevedra) abrirase coa proxección deste filme.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Paula Cons, Pontevedra, Nerea Barros...