La isla de las mentiras filme da directora galega Paula Cons rodado no noso paÃs, chegará ás pantallas do Estado directamente a través da plataforma Filmin. A produción, que tivo a súa estrea mundial na Arxentina, está inspirada no afundimento do buque Santa Isabel fronte ás costas de Sálvora en 1921, e a partir do vindeiro 24 de xullo poderá verse mediante alugueiro en liña e sen custo engadido para subscritores desta plataforma.