'La isla de las mentiras' seleccionada a competición no festival internacional chinés Golden Rooster

O filme de Paula Cons volve a China onde xa participou anteriormente no festival de Shanghai

13/11/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Xa vai a pola súa sexta semana en salas de cine e a película de Paula Cons segue co seu percorrido internacional por festivais. Neste caso a longametraxe protagonizada por Nerea Barros e Darío Grandinetti que reconstrúe os sucesos ocorridos na Illa de Sálvora en 1920 co naufraxio do Santa Isabel ven de entrar na selección de competición oficial dentro da sección de Cine Extranxeiro da 33ª edición do festival chino Golden Rooster Awards, que se celebrará entre o 25 e o 28 de novembro na cidade de Xiamen. La isla de las mentiras volve así ao país onde tivo a súa estrea mundial dentro da competición oficial no Festival Internacional de Cine de Shanghai en xullo. A estrea en exhibición tivo que realizarse en xullo a tra´ves da plataforma Filmín, onde a longametraxe está aínda dispoñible. O festival chinés Golden Rooster Awards é unha acción paralela á entrega destes premios propios da industria audiovisual chinesa que reúnen ao máis salientable do sector do país oriental. La isla de las mentiras está rodada en castelán e dispón de dobraxe ao galego.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Paula Cons, Nerea Barros, Sálvora...

Claves

Protagonistas
Lugares