A pelÃcula de Paula Cons La isla de las mentiras chegará este venres ás salas de cine de Galicia tras pasar por festivais coma o de San Sebastián, o Festival Internacional de Cine de Shanghái, o festival de Cans ou o Festival Internacional de Cine de Ourense OUFF, no que arestora participa en sección oficial. A Sala NUMAX de Santiago acolle unha proxección de preestrea do filme coa presentación da súa directora, que ao remate da proxección compartirá un coloquio co público. O filme poderá verse en cines de Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Caldas, Ribeira, Carballo, Lugo e VilagarcÃa. Protagonizado por Nerea Barros, Dario Grandinetti e Aitor Luna, o filme está inspirado no naufraxio do buque Santa Isabel fronte a illa de Sálvora en 1921 e homenaxea as mulleres que salvaron a vida de 48 persoas. La isla de las mentirasé unha coprodución entre a produtora galega Agallas Films, a vasca Historias del TÃo Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. A pelÃcula estrouse en España directamente na plataforma dixital Filmin o 24 de xullo, na que está dispoñible.