Tres premios para Dhogs no festival internacional de Almería

Andres Goteira galardoado como mellor director novel

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Tres premios para Dhogs no festival internacional de Almería

O filme Dhogs (Gaitafilmes, Pixel films), a ópera prima de Andrés Goteira e a película máis premiada (13) da historia dos Premios Mestre Mateo aínda segue a recoller galardóns na rede de festivais polos que pasa. Neste caso, foi no XVII Festival Internacional de Cine de Almería no que a película colleitou tres novos recoñecementos. Competindo na sección nacional “Ópera Prima” a cinta recolleu o segundo premio da categoría de mellor longametraxe e ademais Andrés Goteira foi recoñecido co premio Cosentino á Mellor Dirección, entregado pola actriz Lluvia Rojo. O actor Carlos Blanco foi tamén premiado polo seu papel en Dhogs co galardón a Mellor Interpretación masculina.

Outra peza do audiovisual galego que esta semana engade recoñecementos ao seu palmarés é o documental Máis ca Vida ligado á obra de ficción Vida do actor e director Rubén Riós. As dúas obras conseguiron tres premios das catro candidaturas ás que estaban seleccionados na XIª Edición do Festival de Discapacidad de Collado Villalba, en Madrid. O filme alzouse co premio ao Mellor documental, tamén recibiron o máximo r3ecoñecemento os seus dous intérpretes conseguindo o de Mellor actor para Óscar Rodríguez e para Mónica Ferreiro o homólogo feminino como mellor actriz.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con DHOGS, Andrés Goteira, Ópera, Carlos Blanco...