O vindeiro día 21 de novembro terá lugar en Xixón, no marco do 59ª Festival Internacional de Cine a estrea absoluta da longametraxe "Welcome to ma maison", nova obra do director Andrés Goteira ("Dhogs"). O filme, unha historia en formato de falso documental rodada orixinalmente en galego, castelán e inglés, participa na sección oficial do certame. "Welcome to ma maison" está producida por Gaita Filmes en coproducción con Dentada Films conta unha investigación cinematográfica do actor Igor Fernández, que emprende unha viaxe a Los Ángeles para coñecer ao director de cine Nicolas Winding Refn e mestura partes de ficción con outras reais do seu periplo. Esta é a primeira longametraxe de Goteira tras a aclamada "Dhogs" (2017) , a súa ópera prima que fixo historia nos Premios Mestre Mateo do audiovisual ao converterse produción máis premiada da historia destes galardóns con 13 premios, ademais dos que recolleu en festivais de todo tipo.