Dhogs faise co premio á mellor longametraxe en Alxeciras Fantástika

A curta Matria levou o premio do Festival Alcine

21/11/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

O filme Dhogs, de Andrés Goteira, continúa a colleitar recoñecementos. Desta volta, retorna do Certame Internacional das Artes Fantásticas e do Terror Alxeciras Fantástika co preimo Místico de Oro á mellor longametraxe. Producida por Gaitafilms e PixelFilms coa colaboración de La Panificadora Estudios, a obra conseguiu xa galardóns en festivais de Croacia e de Madrid ademais de competir na sección oficial do de Sitges.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións
Compartir:

En paralelo, a curtametraxe Matria de Álvaro Gago, volta da 47ª edición do Festival Alcine, de Alcalá de Henares, con dous galardóns. Por unha banda, conseguiu o de mellor filme e pola outra Francisca Iglesias Bouzón obtivo o premio á mellor actriz polo seu papel de Ramona. O filme, que xa fora recoñecido na Seminci de Valladolid, poderá verse en vindeiras datas no Festival de Verín, en San Sadurniño e mais en eventos en Polonia, Cartagena e Aguilar del Campo.

Finalmente, Álvaro F. Pulpeiro estra a súa obra prima Nocturno: fantasmas de mar en puerto na 55 edición do Festival Internacional de Cine de Xixón (FICX), dentro da sección Llendes.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con DHOGS, Cine, Matria, Andrés Goteira...