Antonio Durán "Morris" nunha escena de 'Doghs'
O Festival Internacional de Cine Fantástico de Catalunya, en Sitges, decano dos festivais deste xénero, celebra este ano a súa 50 edición e o audiovisual galego está presente grazas a dúas producións na súa sección oficial que ademais son estreas na dirección dos seus responsables. A película Dhogs, ópera prima do lugués Andrés Goteira que se estreou en abril no BAFICI de Buenos Aires e xa conta co premio á mellor longametraxe no Festival de Cine de Split (Croacia), compite na Sección Oficial de Sitges. Dhogs é un "thriller" inusual que narra, segundo consta na presentación unha historia "movida polos fíos do azar" na que un encontro casual entre un home de negocios e unha misteriosa muller nos conduce a unha aventura furtiva, a un deserto e a un crime.Nela participan actores como Antonio Durán "Morris", Melania Cruz ou Carlos Blanco. É unha coprodución de Gaitafilms e PixelFilms e está rodada integramente en galego. A actriz ourensá Sara Casasnovas presenta tamén no festival o seu priomeiro trabalo como directora, a curtametraxe Escarabana, da que ademais é guinista e protagonista xunto a Iván Marcos. Escarabana compite na sección Oficial de Curtametraxes e conta a historia dunha Una parella atrapada na eternidade, nunha viaxe sen fin a través de varias épocas conducindo cadillacs e escapando do sol.
TEASER_DHOGS from Gaitafilmes on Vimeo.
Trailer Escarabana from sara casasnovas on Vimeo.

