O Xº FKM da Coruña deixa un palmarés internacional con gran presenza galega

A película 'Beast' de Michael Pearce leva os premios do xurado e do público

A curtametraxe 'LImbo' gañou o premio do público e unha mención do xurado
A curtametraxe 'LImbo' gañou o premio do público e unha mención do xurado
A décima edición do Festival de Cinema Fantástico FKM da Coruña, chegou ao seu final outorgando os premios nas diferentes categorías que o festival comprende. A cinta británica Beast do director Michael Pearce converteuse na gañadora do Concurso internacional de longametraxes Ópera Prima con seguindo ademais do Premio do Xurado o outorgado polo público. Pearce tamén se fixo co galardón ao mellor guión. Na categoría de curtametraxes o xurado elixiu a Aurore de Maël Le Mée, mentres que o público decantouse pola curta Limbo de Daniel Viqueira, que por parte do xurado tamén obtivo mención. Norberto Leiva gañou con A Secuencia o premio ao mellor guión no concurso específico para estes traballos, no que tamén acadou mención Marcos Nine polo seu traballo Sandwich. O premio á Mellor interpretación foi para Alejandro Carro por Sea beasts, un filme dirixido por Felipe González.

No apartado do Concurso Internacional de Curtametraxes "Cinema Fetus" de estreo de curtas experimentais con versión orixinal íntegra en galego a cinta gañadora foi Juma Juma de Javi Camino. Este galardón está especialmente dirixido ao emprendemento cinematográfico para fomentar os xéneros cinematográficos de terror, fantástico e ciencia ficción en Galicia e para impulsar o emprego do galego neste tipo de producións. Recibiron mencións do xurado de "Cinema Fetus" as películas O neno do hórreo de Diego López Curros e Ceibes de Xabier Rúa. O palmarés completouse co galardóns as longametraxes pola Mellor Banda Sonora, Natalie Ann Holt por Pin Cushion; Mellores efectos especiais a Carly Knight por The book of birdie. Malia que o festival terminou aínda haberá algunhas actividades programadas para a semana que ven, entre outras unha charla e un paseo de zombís.
Ligazóns