Cinco galardóns para o cine galego no Festival de Málaga

'Lúa Vermella' gañou a Biznaga de Prata a Mellor Película Española da sección Zonazine

'Lúa Vermella' gañou a Biznaga de Prata a Mellor Película Española da sección Zonazine
Fotomontaxe da recollida de galardóns feita pola Academia Galega do Audiovisual
O audiovisual galego ven de saír con cinco galardóns na 23ª edición do Festival de Málaga, un gran éxito do que hoxe se fixo eco a Acadamia Galgo do Audiovisual como unha reivindicación do bo traballo que se fai no país.. Dentro da sección Largometrajes Zonazine a película Lúa vermella de Lois Patiño e producida por Zeitun Films, fíxose coa Biznaga de Prata á Mellor Película Española. A longamentraxe verá a estrea galega dentro do vindeiro festival Curtocircuíto en Santiago. Dous recoñecementos acadou a curtametraxe Xoves de comadres de Noemi Chantada, producida por Islandia Producciones, que obtivo a Mención Especial do Xurado e a Biznaga de Prata Premio do Público na Sección Oficial de Curtametraxes. Entre as curtametraxes documentais tamén hai outra obra do audiovisual galego grazas á participación de Abano Producións no filme Carne da directora brasileira Camila Kater. Patricia Pérez e Heidi Hassan comparten a Biznaga de Prata á Mellor Dirección de Documentais por A media voz, en cuxa produción participa a galega Matriuska producciones. O palmarés galego desta edición finalizada do festival de Málaga a completa o filme de animación Homomaquia de David Fidalgo Omil, producida por Abano Producións e El Gato Verde, que foi distinguida coa Biznaga de Prata Premio do Público dentro da sección Animazine.