Premio para 'Rompente' no Festival de Málaga

A curtametraxe de Eloy Domínguez gaña A Biznaga de Prata na sección de ficción do festival internacional

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Eloy Domínguez tras recoller o galardón                            Foto: Zeitun Films

Eloy Domínguez tras recoller o galardón Foto: Zeitun Films

A curtametraxe 'Rompente' dirixida por Eloy Domínguez Serén alzouse co premio á mellor curtametraxe de ficción da sección oficial da 25ª edición do Festival de Málaga. O filme recibiu a BIZNAGA DE PLATA 'CAJAMAR' e un premio en metálico de con 2.000 euros. 'Rompente' é unha produción de Zeitun Films que foi rodada na comarca coruñesa de Barbanza e que está protagonizada por Sergio Baleirón, Soraya Luaces e Vicente Mohedano. Segundo a sinopse da curtametraxe de Eloy Domínguez Serén, o protagonista, Santi ,é un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marísquea de maneira furtiva. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rompente, Eloy Domínguez, Málaga, Zeitun Films...

Claves

Protagonistas
Lugares