O director galego Eloy Domínguez Serén presentará a súa curtametraxe de ficción rodada en galego, ' Rompente,' na sección oficial da 25ª edición do Festival de Málaga que se celebrará do 18 ao 27 de marzo de 2022. 'Rompente' é unha produción de Zeitun Films que foi rodada na comarca coruñesa de Barbanza e que está protagonizada por Sergio Baleirón, Soraya Luaces e Vicente Mohedano. Segundo a sinopse da curtametraxe de Eloy Domínguez Serén, o protagonista, Santi ,é un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marisquea de maneira furtiva. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.
Tamén na sección oficial de curtametraxes do festival, pero no apartado de documentais, incluirase en Málaga a produción de Lois Patiño (Vigo, 1983) 'El sembrador de estrellas'. O festival de Málaga acollerá tamén a exhibición en primicia da serie 'Rapa' de Portocabo e Movistar+, filmada en Galicia e dirixida por Jorge Coira, con guión de Pepe Coira e Fran Araújo e numeroso elenco galego. Ademais diso, como xa se comunicou en febreiro, a nova longametraxe da produtora coruñesa Vaca Films, 'Código Emperador' dirixida por Jorge Coira e protagonizada por Luis Tosar, foi a elixida para abrir coa súa proxección esta 25ª edición do encontro malagueño.