'Manoliño Ngema', Hierro e Homomaquia premiadas no festival de cine e tv de León

As tres producións repiten no certame castelán os recoñecmentos acadados nos Mestre Mateo deste ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
'Manoliño Ngema', Hierro e Homomaquia premiadas no festival de cine e tv de León

O palmarés do finalizado sétimo Festival de Cine e Televisión Reino de León representa un “suma e segue” para a colleita recente da produción audiovisual galega. Tres importantes premios para outras tantas producións que ademais van acumulando cada unha delas numerosos recoñecementos nas súas propias contas. Así a serie Hierro de Pepe Coira e Jorge Coira para Portocabo foi merecedora do Premio de Televisión a Mellor Serie de Ficción acumulando outro recoñecmeento á súa xa longa lista que inbclúe catro galardóns nos Mestre Mateo deste ano. Pola súa banda Homomaquia, de David Fidalgo producida por Abano Producións e El Gato Verde acada neste certame o Premio á Mellor Curtametraxe de Animación na sección oficial de Cine poñendo un colofón a unha semana que comezou recibindo no Festivald e Málaga a Biznaga de Prata Premio do Público dentro da sección Animazine. O filme de David Fidalgo recibiu o mesmo premio á mellor curtametraxe de animación na pasada edición dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego. A circunstancia repetíase co obra Manoliño Nguema de Antonio Grunfeld, producida por Filmika Galaika, Waka Films e AGARESO, que sae deste certame co premio a Mellor Documental na Sección Oficial de Cine, premio que conseguira tamén nos Mestre Mateo 2020.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, León, Animación, Pepe Coira...