O empresario Victorino Rosón, premio A Coleccionismo da asociación de amigos de ARCO

O galardón recoñece o traballo labor dos coleccionistas

Comezou comprando obra de artistas contemporáneos galegos pero, co tempo foi ampliando a súa colección privada con nomes de creadores de ámbito internacional que taballan sen ningún medio de execución predeterminado. Hoxe en día o avogado e empresario Victorino Rosón conta con obras de 200 artistas aos que sigue en feiras de arte contemporáneo de todo o mundo. Por iso, a asociación de Amigos de ARCO acaba de concederlle o premio “A” ao Coleccionismo, na categoría de Coleccionismo Privado. O galardón creouse en 1987 para recoñecer o traballo dos coleccionistas a favor da arte contemporánea.

Xunto con Victorino Rosón, comparte o premio premio “A” de Coleccionismo a Fundación Banco Santander, na categoría de Coleccionismo Corporativo e Han Nefkens dos Países Baixos, en Coleccionismo Internacional.

A colección de Victorino Rosón xa se exhibiu en parte no ano 2008. Foi no marco da exposición Pasións privadas, visións públicas que produciu o Museo Marco de Vigo. Ademais, a relevancia da súa obra fai que parte das súas pezas estea con frecuencia, formando parte de exposicións institucionais itinerantes.