ARCO premia a Fundación Rosón polo seu traballo de coleccionismo

A entidade ten unha colección que supera as 250 obras de arte

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Hoxe comeza en Madrid ARCO, a feira de arte contemporánea máis importante do Estado. Ademais da presenza de galerías e artistas galegos, a dirección da feira tamén ollou cara Galicia á hora de entregar os seus premios de coleccionismo. A Fundación Rosón Arte Contemporánea, que conta con máis de 250 obras de 140 artistas nacionais e internacionais, foi galardoada co premio ao mellor coleccionismo institucional. Entre a finalidade desta fundación, está apoiar a arte e a cultura coa organización de actividades que incentiven a creación no país.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Feira, Madrid

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares