Hai unha cousa na que coinciden todos os galeristas que acoden a ARCO: cada un leva a esta feira a aqueles artistas da súa confianza e que están habitualmente nas súas galerías. Para Pepa Gómez, directora de Bacelos é ter que escoller entre os artistas que traballan con nós é unha das decisión máis difíciles. Unha afirmación coa que está de arcordo Assumpta Rodríguez da Galería Trinta quen asegura para min todos iguais de importantes e todos teñen un traballo magnífico, son os que forman parte do noso día a día.
Os artistas son ás galerías o que as galerías a ARCO, unha relación sen a que non terían sentido, por iso, Adolfo Sobrino, que acode a coa proposta conxunta das galerías VGO/SCQ (de Vigo e Santiago respectivamente) ten claro que a ARCO vense a vender e a defender aos artistas cos que xa traballas e en cuxo traballo confías plenamente e punto.
As galerías galegas
Cada ano as galerías galegas elaboran un currículo no que inclúen as actividades realizadas ao longo do ano e a listaxe de artistas cos que traballan. É a documentación na que se basean a comisión de ARCO para decidir que galerías poderán montar un espazo propio no recinto de Ifema en Madrid e cales non. Uns criterios cos que todas as galerías parecen estar de acordo. Segundo Asumpta Rodríguez seleccionar sempre é inxusto porque quere dicir discriminar, pero teñen que ter uns criterios e neste caso réxense sempre polos de calidade. Adolfo Sobrino vai máis alá ao afirmar que creo que están representadas todas as galerías galegas, o que se chama galería de arte, non sitios que venden cadros
Ninguén confesa ter preferenzas por ninguén dos artistas que levan, iso sí cada quen ten os seus colaboradores habituais. A viguesa Ad Hoc, que presta especial atencións aos artistas novos e ás novas tecnoloxías, presenta no seu espacio a once artistas, dos que cinco son galegos. Xoán Anleo (Marín, Pontevedra, 1960) que leva un vídeo creado no 2002 Anel, co que pretende presentar unha tensión psicolóxica, causticidade e sátira. Cunha vídeoinstalación tamén vai Carme Nogueira (Vigo, 1970) que leva O refuxio. A proposta galega de Ad Hoc complétase con Suso Fandiño (Santiago, 1971) e Jorge Perianes (Ourense, 1974) que achegan pinturas e esculturas.
Tamén desde Vigo, a galería Bacelos presenta nesta edición de ARCO principalmente obra fotográfica, onde destaca a presenza de Manuel Vilariño (A Coruña, 1952). Pero non só fotografía, senón tamén escultura, instalacións e vídeos. Dos dez artistas cos que Bacelos estará presente na feira, están os galegos Andrés Pinal (Vigo, 1969) e Diego Santomé (Vigo, 1966).
Vicente Blanco (Santiago, 1974), Salvador Cidras (Vigo, 1968), Alberto Datas (A Coruña, 1935), Álvaro Negro (Lalín, 1973) e Manuel Vázquez (Santiago, 1969) son a nómina galega coa que a galería ourensá Marisa Marimón estará presente en ARCO. Esta galería, fundada en 1994, leva á feira unha nutrida representación do que é a súa tónica de traballo diaria: as últimas tendencias en pintura, escultura, fotografía, vídeo, impresións dixitais e deseño.
A máis veterana das galerías galegas Trinta, que desde a súa creación estivo vencellada á xeración de artistas que renovaron a plástica galega nos oitenta, segue fiel ao seus principios. E faino levando a creadores que formaron parte de "Atlántica" como Ignacio Vasallo (Ourense, 1952) , José Freixanes (Pontevedra, 1953), Ánxel Huete (Ourense, 1944) Manolo Paz (Cambados, 1957) ou Xesús Vázquez (Ourense, 1946). Ademais, a galería dirixida por Asumpta Rodríguez leva a artistas que levan contribuído a renovar a plástica galega como Jorge Barbi (A Guarda, 1950) ou Berta Cáccamo (Vigo, 1963) e que forman parte da súa programación expositiva habitual.
Completamos o repaso polos artistas que acoden coas galerías galegas coa proposta conxunta de SCQ-VGO, que traballan conxuntamente desde o ano 1999, dous anos despois de que abrira as súas portas SCQ. Con ela Mónica Alonso (A Fonsagrada, 1970) presenta os seus Trasplantes de beleza concebidas como un instrumento de comunicación; Tono Carbajo (Vigo, 1960) reflexiona como o tempo é capaz de de interacionar cos nosos espazos urbanos; Fernando Casas (Gondomar, 1946) leva a súa particular visión do cosmos, mentres que Almudena Fernández (Vigo, 1970) traballa coa súa factura manual e laborioso. Pechan a listaxe desta proposta dobre Tatiana Medal (A Coruña, 1971) e Antón Patiño (Monforte de Lemos, 1957).
As outras galerías
Aínda que hai xente como Xoán Anleo, Antón Patiño que están en ARCO por partida dobre ou triple (Xoán Anleo con Ad Hoc e coa galería Moriarty; Antón Patiño con Galerie Thomas con Antonio Machón e con SCQ/VGO), hai outros artistas que acoden formando parte doutras galerías estatais.
Empezamos este percorrido por Rubén Ramos Balsa (A Coruña, 1974). Este mozo estará presente en ARCO coa galería madrileña Fúcares con mostras das fotografías das súas series Dípticos do mesmo e Vasos de agua, mentres que coa galería lusa Mário Sequeira, presenta Orquesta 1, unha disposición orquestral de músicos de rúa gravados en diferentes momentos e cidades. Pamen Pereira, ademais de traballar coa galería Trinta, estará presente tamén coa galería Rafael Ortiz e coa donostiarra Altxerry coa súa instalación Templo, casa, tumba, palacio. A galería de Tarragona Forvm Chantal Grande amosa as fotografías e gran formato de Vari Caramés.
A galería madrileña Metta inclúe entre os seus participantes a tres galegos. Darío Álvarez Basso, Antón Lamazares (Maceira, 1954) e Antonio Murado (Lugo, 1964). Seguindo a pista destes dous últimos artistas imos a galerías como La caja negra, Windsr Julturgintza ou Galería Presença.
Por último rematamos este repaso con xente vencellada á facultade de Belas Artes de Pontevedra como Juan Carlos Román, Marina Núñez, Marcelo Expósito, Jose Luís Moraza, Juan Carlos Meana, que tamén presentan obras en galerías como Alejandro Sales Trayecto Galería, Juana de Aizpuru.
Galeria: Trinta en Arco 05
Antón Hurtado
Galeria: Trinta en Arco 05
Berta Cáccamo
Galeria: Trinta en Arco 05
Ignacio Basallo
Galeria: Trinta en Arco 05
Jorge Barbi
Galeria: Trinta en Arco 05
Jorge Barbi
Galeria: Trinta en Arco 05
José Freixanes
Galeria: Trinta en Arco 05
Manolo Paz
Galeria: Trinta en Arco 05
Manuel Bouzo
Galeria: Trinta en Arco 05
Manuel Bouzo
Galeria: Trinta en Arco 05
Thomar Jocher
Galeria: Trinta en Arco 05
Thomar Jocher
Galeria: Trinta en Arco 05
Xesús Vázquez
Galeria: Artistas e galerías en ARCO
Victoria Diehl Fotografia: Jose Manuel Lens
Galeria: Artistas e galerías en ARCO
Joana Vasconcelos Fotografia: Jose Manuel Lens
Galeria: Artistas e galerías en ARCO
Galería SCQ/VGO Fotografia: Jose Manuel Lens
Galeria: Artistas e galerías en ARCO
Galería Bacelos Fotografia: Jose Manuel Lens
Galeria: Artistas e galerías en ARCO
Rubén Ramos Balsa Fotografia: Jose Manuel Lens
Galeria: Artistas e galerías en ARCO
Salvador Cidrás Fotografia: Jose Manuel Lens
Galeria: Artistas e galerías en ARCO
Álvaro Negro Fotografia: Jose Manuel Lens
Galeria: Artistas e galerías en ARCO
Vicente Blanco Fotografia: Jose Manuel Lens
Galeria: Artistas e galerías en ARCO
Galería Trinta Fotografia: Jose Manuel Lens
Galeria: Artistas e galerías en ARCO
Suso Fandiño Fotografia: Jose Manuel Lens
Galeria: Artistas e galerías en ARCO
Araki Fotografia: Jose Manuel Lens