A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, confirmou á prensa, durante un almorzo onte coa Confederación de Empresarios da cidade herculina, o plan de axuste económico polo que terá que pasar a Orquestra Sinfónica de Galicia para reducir a súa débeda cos provedores, principal desaxuste económico neste momento. O xornal La Voz de Galicia, recolleu estas declaracións asà como as do actual xerente do Consorcio para a Promoción da Música, Juan Antonio Cuelllar, chegado ao cargo o pasado mes de xuño e que atopou unha delicada situación económica que xa viña de lonxe.
Cuellar asegurou, en declaracións ao xornal La Voz de Galicia, que existe un problema de tesourerÃa de un millón de euros e anuncia un plan de "austeridade" en todo tipo de gastos, incluÃndo unha redución de ata o 45% dos cachés que se pagan aos artistas que colaboran coa OSG ou mesmo os gastos derivados do alugueiro de oficinas. Os fondos do consorcio, que este ano conta cun orzamento de 10,9 millóns, fináncianse con achegas do concello, da Deputación e da Xunta, ademais de doazóns privadas e ingresos por entradas e outras accións e case todo vai dirixido a cubrir os gastos fixos. Unha das liñas de acción, alén dunha estrita polÃtica de austeridade, dirÃxese á obtención dun maior grao de apoio a través de patrocinadores privados, nomeadamente empresas, estancado durante os pasados anos. Tamén buscarán potenciar os concertos en acompañamento a outros artistas no Coliseum, como vÃa de ingresos. A rexedora asegurou o apoio do goberno local ao plan de axuste da xerencia.