
A editorial Galaxia continúa a súa aposta pola saga A brigada iridescente, que vai xa polo seu segundo volume. Elena Andrés sitúa desta volta o grupo protagonista ante o misterio de O fantasma do vestiario das rapazas nunha obra a toda cor de 68 páxinas.
Xerais, pola súa banda, anuncia Lela, a superavoa. Nesta nova obra, Xosé Tomás continúa a súa aposta por historias breves e humorÃsticas centradas no público infantil. Desta volta, as aventuras dunha anciá con superpoderes protagonizan os enredos do volume, que conta con 56 páxinas a toda cor.