A Xunta apoiará a tala de eucaliptos no Parque Natural das Fragas do Eume

Eucaliptos fóra do Eume

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A proliferación de eucaliptos que se dá no Parque Natural das Fragas do Eume podería ter remedio de prosperar o plan da Xunta para diminuír a presenza desta especie. A Consellaría de Medio Ambiente ofrecerá compensacións aos propietarios de montes que opten por eliminar as árbores australianas, e encargarase de plantar especies autóctonas no seu lugar. Os propietarios afectados condicionan o funcionamento da proposta á contía das compensacións que ofreza o goberno. A medida era unha das propostas da Plataforma pro Monfero para mellorar a situación do parque.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eume, Consellaría de Medio Ambiente, Culturagalega, La Voz de Galicia...