Dosier: O inferno do Eume

Hoxe constitúese unha Plataforma en Defensa das Fragas do Eume

2/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: medio
42 lecturas | Compartido 0 veces

O incendio das Fragas desde A Capela. Foto: Verdegaia via Praza Pública

Nos últimos datos fornecidos pola Xunta, o incendio das Fragas do Eume xa chega, de acordo con "estimacións provisionais" a 750 hectáreas, das que "500 corresponden a monte arborado e o resto a raso". Hoxe ás 20.00 h. en Pontedeume está prevista a constitución dunha Plataforma en Defensa das Fragas do Eume, que xa dispón de páxina no Facebook co obxectivo de "sensibilizar á opinión pública do valor ecolóxico que aínda conserva o Parque Natural, esixir unha investigación exhaustiva das causas, medidas para paliar no posible os efectos desastrosos e esixir medidas políticas para que ninguén se beneficie". No resto do país tamén están convocadas mobilizacións para hoxe ás 20.000 h.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eume, Facebook, Pontedeume, Culturagalega...