A Xunta de Galicia fomentará o cambio de eucaliptos por árbores autóctonas nas Fragas do Eume

Eucaliptos das Fragas

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Dous representantes da "Plataforma pro Monfero" acaban de reunirse en A Coruña coa delegada de Medio Ambiente para abordar e analizar o borrador de propostas para mellorar o parque natural de As Fragas do Eume. Entre as medidas figura que a Xunta de Galicia incentivará o cambio de eucaliptos por árbores autóctonas, pagándolle aos propietarios o valor da madeira no mercado. Polo demais, segundo se avanzou nese encontro, os vindeiros 18 e 19 de novembro, os propietarios reuniranse para analizar a batería de medidas que ten previsto realizar a Xunta, así como facerlle chegar á Administración as súas ideas para cando se redacte o Plano Reitor de Uso e Xestión do Parque.

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xunta de Galicia, Eume, La Opinión, Monfero...