Casas, cantinas, camiños culturais polos castelos de Andrade, Moeche, NarahÃo ou polas múltiples rutas de sendeirismo, miradoiros e espazos para o recreou ou unha visita ao parque temático da enerxÃa. Son algunhas das ofertas que ofrece o microcosmos, ou mini-universo do Eume. Unha zona que se estende polos concellos de A Capela, As Pontes, As Somozas, Cabanas, Moeche, Monfero,Pontedeume, San Sadurniño e Vilarmaior e que teñen como fÃo común o rÃo Eume.
Materia prima
Cun potencial medioambiental como o deste contorno que se gaban de ser o bosque mellor conservado de Europa, con especies autóctonas únicas, con tipos de prantas que levan décadas desaparecidas das zonas que comparten este clima atlántico, as Fragas do Eume son un espazo especialmente atractivo. Para o desenvolvemento ambiental e a protección do medio creouse a "Plataforma pro Monfero", cuxos representantes veñen de reunirse en A Coruña coa delegada de Medio Ambiente para abordar e analizar o borrador de propostas para mellorar o parque natural de As Fragas do Eume. A baterÃa de actividades que teñen previsto realizar forma parte do Plano Reitor de Uso e Xestión do Parque que pretende manter as especies propias do clima atlántico. Entre as medidas figura que a Xunta de Galicia incentive o cambio de eucaliptos por árbores autóctonas, pagándolle aos propietarios o valor da madeira no mercado. Unha iniciativa ambiental que xurde en paralelo ás actividades que coordina o Centro de Iniciativas TurÃsticas, Eurme turismo (CIT Eume Turismo). Unha asociación que naceu coa vontade de comercializar os recursos e servizos turÃsticos do destino Eume.
Desenvolvemento sostÃbel
CIT Eume Turismo é unha sociedade promovida polos nove concellos do territorio, a Asociación EuroEume, a Asociación de Empresarios de turismo do Eume, A Cámara de Comercio de Ferrol, a Dirección Xeral de Turismo e a Dirección Xeral de Medio Ambiente. Unha entidade que conta con centros espallados nas zonas de residencia e que serven para coordinar unha serie de iniciativas que se centran en áreas diferenciadas. Por unha banda todo o que atende á promoción turÃstica do territorio (desde catálogos de aloxamentos até as relacións coa prensa especializada), a creación duna etiqueta distintiva de todos os productos que se elaboran nesta zona, formación para os profesionais do sector que atenderá a un plan de calidade que afecta desde casas de comida, bares e aloxamentos.
“…do Eume”
Nesa iniciativa de ofrecer unha marca distintiva e que ao mesmo tempo sirva como aval de calidade, naceu a etiqueta “do Eume”. Hai asà “Cantinas do Eume”, pero non son unha especie de franquicia xa que cada unha mantén a súa personalidade, e singularidade pero que garanten unha carta de comidas e de bebidas axustadas aos productos tÃpicos da zona. E para os que queiran pasar máis dun dÃa na zona están as “Casas do Eume”. Son nove casas que forman parte do consunto dos aloxamentos de turismo rural galego e que comparten a súa oferta con dous albergues (un de titularidade privada en Vilarmaior e outro púlico no Concello de Monfero) e tres hoteles de tres estrelas.
Para perderse
O rÃo eume é moito máis que un caudal de auga, é o espazo que rodea ás fragas do eume, un parque natural declarado en 1997 e que ten unha xeoloxÃa e unha xeomorfoloxÃa especÃfica, propia dun bosque que comparte a súa proximidade ao mar coas fondas ribeiras do rÃo. Pero que ademais da singularidade cultural, comparte valor patrimonial grazas aos espazos de maior interese artÃstico e relixioso da zona. Nese espazo están as ruinas do Mosteiro de Caaveiro, o mosteiro de Monfero (que vai a ser recuperado como estabelecemento hostaleiro), xunto con mostras do románico como as igrexas de San Miguel de Breamo e Santa MarÃa de Doroña. E para os que queiran recuperar o legado da familia medieval dos Andrade, en Pontedeume, no chamado “Torreón dos Andrade” está o Centro de Interpretación, un espazo no que se inicia un camiño cultural por Andrade, Moeche, NarahÃo e as Pontes de Pontedeume e FerrerÃa. Un dos máis de vinte itinerarios que ofrece o CIT Eume turismo para achegarse a un contorno privilexiado da fachada atlántica.
GalerÃa: As terras do Eume
No canón do rÃo Eume desembocan numerosos regatos da comarca. Foto: Soledad Felloza.
GalerÃa: As terras do Eume
O Parque Natural das Fragas ten un sendeiro principal que leva dende o inicio da área ata o mosteiro de Caaveiro. O roteiro discorre ao carón da ribeira. Foto: Manuel Gago.
GalerÃa: As terras do Eume
Unha fraga é un bosque formado por distintas especies arbóreas, liques e musgos, caractesrÃsticas da ribeira atlántica europea. As fragas do Eume son un dos maiores bosques atlánticos do continente. Foto: Soledad Felloza
GalerÃa: As terras do Eume
O Mosteiro de Monfero, moi próximo ao bosque, ten as súas orixes no século X. Foi arrasado polos normandos e, no século XII, o rei Alfonso VII e algúns nobles emprenden unha nova obra. O Mosteiro estará habitado ata 1835, onde os monxes son obrigados a marchar do recinto debido á Desamortización. Na actualidade, a igrexa é a se parroquial. Máis información sobre a historia do mosteiro
GalerÃa: As terras do Eume
Sen embargo, o mosteiro atópase nun gravÃsimo estado de abandono que só agora parece poder remediarse. Máis información sobre a recuperación do recinto nos nosos arquivos. Foto: Manuel Gago
GalerÃa: As terras do Eume
A Torre dos Andrade, en Pontedeume, domina todo o esteiro do Eume e o litoral circundante, ata a Coruña. Trátase dunha fortaleza roqueira erguida por Fernán Pérez de Andrade o Bo entre 1369 e 1377. Foto: Manuel Gago.