El Patito publica o integral 36-39 Malos tempos

Este outono presentase tamén o primeiro número do fanzine Sacoponcho

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
El Patito publica o integral 36-39 Malos tempos

Anunciado o pasado outono, finalmente será este mes de novembro cando vexa a luz a edición en galego de 36-39 Malos tempos. A obra do debuxante español Carlos Giménez sobre a Guerra Civil sae da man de El Patito Editorial nunha edición 240 páxinas en branco e negro e capa dura a un prezo de 30 euros. En paralelo a este lanzamento, este outono ve tamén a luz o número 1 do fanzine Sacoponcho. Un total de 58 páxinas a branco e negro que recolle historias de BD a cargo de Uxía Larrosa, Paloma Tarrío, Xulia Vicente e Luis Yang ademais de ilustracións de outros autores. O volume está á venda a un prezo de 3 euros.

Que che parece esta nova?
125 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra Civil, El Patito Editorial

Claves

Conceptos