A Deputación da Coruña publica as BDs premiadas no Castelao 2013

O fanzine Sacoponcho presentou o seu segundo número

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
A Deputación da Coruña publica as BDs premiadas no Castelao 2013

Está xa a chegar as librarías Catálogo oneroso de beleza gratuíta, a obra coa que Fran Bueno gañou o premio Castelao de Banda Deseñada na edición do pasado 2013. O volume de 54 páxinas a cor editado pola Deputación da Coruña recolle unha proposta na que o autor forza a narrativa convencional da novena arte para amosar cousas nas que atopar a beleza. Canda a esta, a institución provincial publicou, por vez primeira na historia do galardón, a obra finalista na mesma xeira do premio. O misterio do Pico Sacro de Rafael Saldaña, é unha obra de 72 páxinas a branco e negro que narran unha historia de terror na Compostela de comezos do século XX.

En paralelo a estes lanzamentos, está a chegar tamén aos puntos de venda o número dous do fanzine Sacoponcho. Un total de 88 páxinas con historias de Uxía Larrosa, Paloma Tarrío, Xulia Vicente e Luis Yang ademais de ilustracións a cargo de abondosos colaboradores fan parte da entrega.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Deputación da Coruña, Fran Bueno, Premio Castelao de Banda Deseñada...