Titoán, o premio Castelao 2011 ve a luz da man de Demo Editorial

A firma tamén publica Cousas de mortos unha escolma de historias curtas de Manel Cráneo

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Titoán, de Inacio e Iván Suárez

Capa de Titoán, de Inacio e Iván Suárez

A obra gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada 2011 verá finalmente a luz este mes de agosto. Demo Editorial acaba de anunciar no seu blog a vindeira edición de Titoán, de Inacio e Iván Suárez. A obra, de 64 páxinas, parte dun relato curto de Castelao e intégrase na colección de BD que os autores lle dedican ao rianxeiro. Con 64 páxina a branco e negro, sae á venda a un prezo de 12 euros. Canda a esta obra, chegará ás librarías, Cousas de mortos, unha escolma das historias breves de Manel Cráneo protagonizadas por esqueletes. Serán 64 páxinas a cor a un prezo de 13,50 euros.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Demo, Demo Editorial, Manel Cráneo...