Manel Cráneo adapta a Xabier Alcalá á banda deseñada en Cinza

Ula e Vinca e Fago o que podo súmanse ás novidades galegas de novena arte

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Manel Cráneo adapta a Xabier Alcalá á banda deseñada en Cinza

Unha adaptación gráfica da novela A nosa cinza de Xabier Alcalá. Esta é a proposta que fai Manel Cráneo en Cinza, un ambicioso proxecto que acaba de ver a luz da man de Demo Editorial. O volume, de 136 páxinas a branco e negro, recrea graficamente o Ferrol de finais dos anos 40 a través dos ollos da crianza que protagoniza a historia.

A libraría Metrópolis de Ferrol acolle este 15 de decembro a presentación da obra. O autor visitará tamén Kómic, en Santiago de Compostela, o día 16.

En Antela Editorial María Brenn presenta Ula e Vinca. Esta historia para público infantil amosa a relación entre a bruxa Ula e Vinca, unha cativa con poderes que aparece na súa casa e de quen ignora a orixe. O volume, a toda cor, conta con edicións en galego e en castelán.

A editorial Rodolfo e Priscila, pola súa banda, debuta no ámbito da BD con Fago o que podo. Afra Torrado asina esta obra de 116 páxinas na que compila cómics e debuxos que publicou nas súas redes sociais entre 2018 e 2023. Segundo a autora, o libro "fala sobre o que penso e sinto, sobe buscar traballo (algo), sobre o amor (bastante) e sobre a miña loita contra a síndrome da impostora. O que conto nestas páxinas, por tanto, é (basicamente) que ás veces estou triste e non me gusta traballar".

Que che parece esta nova?
141 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manel Cráneo, Banda deseñada, Ferrol, Demo...