Demo Editorial publicará o novo traballo de Tokio

Kike J. Díaz autoedita Nordés unha historia ambientada en Ribadeo

2/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
48 lecturas | Compartido 0 veces

Logo do seu Cabana de balieiros Tokio, histórico autor da BD galega, volta á carga cun novo traballo en Demo Editorial. A causa do crime, unha historia de 50 páxinas a branco e negro que reúne sindicalismo, a corrupción, represión policial ou terrorismo na Galicia dos anos 80. A historia, publicada por entregas en 1987 no xornal A Peneira ve a luz agora cun argumento ampliado e nova realización gráfica. Está previsto que o volume saia á venda a comezos de agosto.
De xeito paralelo, a pasada fin de semana Kike J. Díaz presentaba a súa BD Nordés. Este traballo autoeditado a toda cor conta de xeito paralelo a historia do Marqués de Sargadelos e a de Brandán, un mozo que na actualidade tenta desvendar o misterio dunhas mortes acontecidas na vila de Ribadeo.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares