Álvaro López publica unha nova novela gráfica con Demo Editorial

Kike Benlloch e Pedro Villarejo autoeditan Cuimnhe. La deuda

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Álvaro López publica unha nova novela gráfica con Demo Editorial

Logo de Sálpock. O Val dos Cegos, obra coa que quedou finalista no Premio Castelao en colaboración con Luís Sendón, Álvaro López recunca no terreo da ciencia ficción. Demo Editorial anuncia a publicación para o vindeiro mes de agosto de Os que levan o lume, unha novela gráfica de 120 páxinas nas que o autor desenvolve unha historia escura que transcorre nun mundo futurista. En paralelo, Kike Benlloch e Pedro Villarejo autoeditan Cuimnhe. La deuda, un cómic book de vinte páxinas no que recuperan o universo da obra Cuimnhe. El fuego distante, tamén guionizada por Benlloch, e presentan unha historia que se desenvolve tanto antes como despois deste volume.

Que che parece esta nova?
115 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro López, Demo, Demo Editorial, Kike Benlloch...

Claves

Entidades
Conceptos