Fran Bueno faise co Premio Castelao de BD

O álbum Catálogo oneroso de beleza gratuíta valeulle 6.500 euros do premio da Deputación da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

A VIII Edición do Premio Castelao de Banda Deseñada, que convoca a Deputación da Coruña, foi para un veterano da novena arte galega. O compostelán Fran Bueno, que xa ten publicadas diferentes obras en España e en Estados Unidos, fíxose co galardón polo seu traballo Catálogo oneroso de beleza gratuíta, co que se impuxo entre seis candidatos. O xurado, composto por Miguelanxo Prado, Ángel de la Calle e Carlos Portela, destacou a "apacidade estilística impecable e a variedade de recursos gráficos" así como "a perfección técnica e o desenvolvemento das posibilidades expresivas da historieta". Bueno verá a súa obra publicada e unha exposición itinerante sobre este traballo, ademais de se facer con 6.500 euros do premio.

O xurado destacou tamén no seu fallo o traballo finalista, O misterio do Pico Sacro, de Rafael Saldaña.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Fran Bueno, Deputación da Coruña, Carlos Portela...