Mariano Casas faise co premio Castelao de banda deseñada

A obra Mensaxes valeulle ao autor 6.500 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Imaxe do traballo de Mariano Casas

Imaxe do traballo de Mariano Casas

A Deputación da Coruña facía público onte o fallo do IV Premio Castelao de Banda Deseñada. Mensaxes, unha obra de 52 páxinas de Mariano Casas Gil foi a seleccionada entre as cinco historias longas que se presentaron ao certame. O xurado, composto por Miguelanxo Prado, Horacio Altuna, Ángel de la Calle, Agustín Fernández Paz, Carlos Portela e mais a deputada responsable da área de Cultura, Caridad González Cerviño, destacou que se trata "dun magnífico libro que narra unha historia asentada nun guión de insólita solidez e unha proposta formal, sinxela e eficaz que, nun orixinal artificio metalingüístico, xoga un papel decisivo na narración". A obra narra as últimas horas dunha parella que emprega a banda deseñada para deixar constancia do que lles está a pasar. O premio conta cunha dotación de 6.500 euros.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mariano Casas, Castelao, Premio Castelao de Banda Deseñada, Miguelanxo Prado...